Tras más de 15 000kms para finalizar en Galicia cabe agradecer a un gran número de elementos.
Gracias a todas las personas, asistentes y colectivos que permitieron articular y llevar a cabo esto (no decimos nombres porque nos vamos a dejar a alguien atrás: de ser así, reclamen a Manual de Combate).
Pola parte que nos corresponde, grazas tamén ás xentes do lugar que nos botaron unha man e que fixeron posible poder pechar a xira na esquina da esquina do mapa (a.k.a. Galicia): grazas ó FICH, Nigra Mors e toda a organización; a José, Isaac, Borja, Juan, Tsuna, Vlfxvrz; IES Lama das Quendas; ó gran Cinema Palleiriso e Anxo Moure pola súa acollida, o espazo e ás botas que escapan da guerra. Especial agradecemento de novo a Juan, por todo o apoio, cariño e bó facer para levar a cabo esta clase de experiencias (Non vale parar!).
Grazas tamén a Miguel, Víctor, Ángel e Kalte Sonne por querer unirse á aventura; a Emilio, ó Colectivo Lumes do Norte e ó Pazo dos Lobos; a Dra-Gon, Pit, Nea., Prgich e Akoúphenom polos micros; a M. polas lentellas e a Edu polo cartaz. Especiais agradecementos a Manual de Combate por confiar en nós e a Ars Erinyos, quen nos botou unha inolvidable man para poder sacar a edición en CD-r adiante ademáis de colaborar coa data do Pazo e noutros asuntos que nos permitiron -xunto co esforzo colectivo de todas as partes implicadas- poder chegar a bo porto. Podemos optar por queixarnos das dificultades ou pelear contra elas e saír adiante. Valoremos o que temos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario